Experimento con doces de cores. 4 anos

Bo día familias!!
Esta semana fixemos o último experimento do curso. Conseguimos facer unha obra de arte cos doces de cores (tipo Lacasitos)!!!

Necesitamos... Prato de cor branco, doces de cores e auga.
A continuación poñemos os doces arredor do prato sen estar pegados.
A continuación botámoslle a auga:
E esperamos...
Unha obra de arte!!
Cando botamos a auga aos chocolates, as súas cores comezan a expandirse e disolverse. As cores diríxense al centro do prato e non se mesturan. Isto é debido a que o azucre sube a densidade da auga e forma barreiras de cor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario