Obradoiro Letras Galegas: Cantareiras

Dentro das actividades programadas polo centro na conmemoración das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras e á poesía popular oral, realizamos uns obradoiros impartidos por Ana Edreira, mestra de canto e percusión tradicional galega, especialista en técnica vocal aplicada ao canto tradicional. Directora das pandeireteiras do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina e docente en diversas asociacións culturais. A través de explicacións, a música, o canto e xogos interactivos, o alumnado descubríu a importancia das Cantareiras como creadoras e transmisoras da poesía oral en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario