Hoxe, 24 de octubre, Día das bibliotecas escolares, Lecturitas, a mascota da Biblioteca, tróuxonos un cofre cheo dun montón de cousas do mar: unha botella cunha mensaxe, unha caracola, uns anteollos, unha cuncha de vieira, unha rede,... e un conto.
Falamos sobre todo o que traía o cofre, contamos o conto, e Lecturitas propúxonos participar no proxecto "MareSada" que tratará sobre o mar (proxecto anual do Centro). Aceptamos o reto, e ao longo do curso teremos recompensas!!
Antes de marchar despedímonos de Lecturitas:
Esperamos velo máis polo cole!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario