Aniversario Martina

Hoxe celebramos por adiantado o aniversario de Martina, que cumple os 4 en agosto. 
A súa nai e o seu avó viñeron á clase a falar da limpieza das praias, xa que o seu avó dedícase a iso.
Faloulles dos tractores que limpan as praias, dos remolques que se usan para transportar as algas,... E tamén doutras cousas que se atopan nas praias, como esa vez que apareceu un golfiño na area e conseguiron devolvelo ao mar, as figuras na area,... Martina ensinounos fotos de todo!
Tamén probamos os coladores para ver que na area se atopa moito lixo... Debemos ser coidadosos e non tirar lixo na area.
Como estés rapaces se comprometeron a coidar as praias, déronlles un carnet de Guardiáns da praia.
Moitas grazas Jenny y Manu por vir á clase a celebralo con nós.
Na merenda, celebramos o aniversario. Parabens Martina!! 🎂
 En agosto a soplalas outra vez!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario