EXPERIMENTO: Cómo esrourar un globo cun limón? 4 anos.

 Bo día familias! 

Onte comezamos cos experimentos! Pasámolo pipa! Comezamos investigando sobre cómo estourar un globo cun limón seguindo os pasos do método científico. 

OBSERVACIÓN: Limón e globo. 

HIPÓTESES: Cómo estourar o globo cun Limón? Entre todos chegaron a varias hipóteses: achegando o Limón ao globo, pinchando coa punta do Limón o globo, dándolle un golpe ao globo co limón, e pisar o limón co pe enriba do globo.

EXPERIMENTACIÓN: Levamos a cabo ditas hipóteses. 
- Pinchamos coa punta do limón no globo. ❌
- Dámoslle un golpe ao globo co limón.❌


- Pisamos o Limón enriba do globo. ❌


Pero como ningunha destas pistas funciona... doulles unha nova idea. Imos utilizar a cotiza do limón!! 


Exprimimos a cortiza por fora, e saen unhas gotiñas que apenas percibimos, é o Limoneno. Atópase entre a cortiza e a parte blanca do limón (tamén de laranxas, mandarinas...) 

E imos probando nos diferentes equipos:


E funcionou!!!! Así que chegamos á última parte do método científico: CONCLUSIÓN: que o recolleron nunha fichiña. 

Animádevos a realizar este experimento na vosa casa!! xa que aquí no cole non deu tempo a facelo un por un. Recordade que vale calquera cítrico.

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario