Experimento: cómo pinchar un globo cun Limón? 5 anos.

Bo día familias! 

Hoxe comezamos cos experimentos! Pasámolo pipa! Comezamos investigando sobre cómo explotar un globo cun Limón seguindo os pasos do método científico. 

OBSERVACIÓN: Limón e globo. 

HIPÓTESES: Como estourar o globo cun Limón? Entre todos chegaron ao acordo de 3 hipóteses: achegando o Limón ao globo, pinchando coa punta do Limón o globo, e deixando caer o Limón enriba do globo. 

EXPERIMENTACIÓN: Levamos a cabo ditas hipóteses. 
Ningunha hipótese deu resultado. Asi que probamos cunha nova: exprimindo a pela do Limón pola parte de fora.
E funcionou!!!! Os globos estouran cun líquido chamado Limoneno que esta entre a cortiza do Limón e a parte branca. 

Así que chegamos á última parte do método científico: CONCLUSIÓN: que o recolleron nunha fichiña. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario