Experimento 2: Mensaxe segreda. 1° parte

Bo día familias!

Comezamos novembro cun novo experimento: Cómo escribir con tinta invisible usando un limón?

Pois para iso, esta vez, usaremos o zume de limón. Necesitamos ademais un pincel, unha taza e lume (vela, mechero ou plancha).

Hoxe escribimos os nosos nomes coa tinta segreda usando o pincel, e deixámolos a secar. O próximo día quentarémolos con lume a ver qué pasa...
Fixemos a proba co meu nome a ver se funcionaba... 
Si funciona!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario