EXPERIMENTO: cómo pinchar un globo cun limón? 3 anos

 Bo día familias! 

Hoxe comezamos cos experimentos! Pasámolo pipa! Comezamos investigando sobre cómo estourar un globo cun limón seguindo os pasos do método científico. 

OBSERVACIÓN: Limón e globo. 
HIPÓTESES: Cómo estourar o globo cun Limón? Entre todos chegaron a varias hipóteses: dándolle golpes ao globo co limón, pinchandoo coa punta do Limón, deixando caer o limón enriba do globo...

EXPERIMENTACIÓN: Levamos a cabo ditas hipóteses. 
- Pinchamos coa punta do limón o globo. ❌
- Dámoslle golpes ao globo co limón.❌


- Deixamos caer o limón enriba do globo. ❌


Pero como ningunha destas hipóteses funcionou... dinlles unha nova idea: Imos utilizar a cotiza do limón!! E creeron que non ía funcionar. Que era imposible dicían! 🤣🤣


Exprimimos a cortiza por fora, e saen unhas gotiñas que apenas percibimos, é o Limoneno. Atópase entre a cortiza e a parte branca do limón (tamén de laranxas, mandarinas...). E ESROUROU!!!!! Sen apenas tócalo!!! Cunhas gotiñas!!

Fumos facendoo por equipos:

E funcionou!!!! Así que chegamos á última parte do método científico: CONCLUSIÓN: estoura por un líquido chamado LIMONENO que atopamos nos cítricos.

Animádevos a realizar este experimento na vosa casa!! Encantoulles!

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario